Antonio Lombardía, da Ruta do Viño da Ribeira Sacra: “Damos a coñecer a viticultura heroica”

Antonio Lombardía, presidente da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
photo_camera Antonio Lombardía, presidente da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
Nesta edición da Ruta do Viño da Ribeira Sacra haberá autobuses dende Ourense, Lugo, Monforte de Lemos, Vigo e A Coruña

A Ribeira Sacra é unha zona perfecta para visitar en calquera época do ano, especialmente durante as xornadas de Primavera de Portas Abertas do Roteiro do Viño da Ribeira Sacra, unha actividade que vertebra todo ou valor turístico e cultural dá viticultura heróica. Antonio Lombardía, presidente da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, destaca o gran éxito das actividades en cada edición.

Cantas empresas e actividades conforman a Ruta do Viño da Ribeira Sacra?

A institución está composta por 40 empresas e institucións, dende adegas ata centros de interpretación. Na actividade de  Primavera de Portas Abertas participan 19 de elas, abarcando tanto o ocio, a gastronomía, o patrimonio e o enoturismo.

Cal é  a finalidade da ruta?

É unha unión do territorio ao redor do mundo do viño como elemento vertebrador. ë unha referencia cultural na que o viño une cultura e patrimonio.  A Ribeira Sacra enténdese desde o viño. O valor da agua, as ribeiras, as adegas, a viticultura heroica. Todo un mundo por descubrir a través da ruta, sempre baixo o encanto do contacto directo coa natureza en un espazo único. Somo un patrimonio da humanidade, so nos falta un papel que o certifique.

Que poden atopar os visitantes nesta actividade?

Coñecerán zonas de produción de aceite, gastronomía local, rutas fluviais en barco  e catamarán, coñecer os valores de viticultura heroica ede todos os valores materiais e inmateriais que fan da Ribeira Scra un lugar único .

Que destacaría do desenvolvemento ao longo do tempo desta iniciativa?

No 2020 non se celebrou por mor da pandemia. No 2021 fixémolo máis tarde do habitual, no mes de outubro, e o ano pasado retomamos a normalidadedas datas. Nesta edición de 2023 a ruta cumple 13 anos con unha programación de actividades excepcional.

Como son as valoracións dos visitantes e participantes da ruta?

A xente está encantada, non só as persoas que participan nas actividades, senón tamén as adegas e institucións que forman parte desta proposta. A ruta facilita coñecer a Ribeira sacra dun xeito orgánico, natural, con actividades que vinculan  ás adegas e o noso patrimonio co viño. Tamén é unha oportunidade única para coñecer algúns puntos de interese que normalmente están pechados ao público e que durante as datas da ruta teñen doado acceso, especialmente no patrimonio relixioso.

Cales son as novidades da ruta nesta edición?

Tentamos facer cousas novas e variar parte do programa ano tras ano, sen cinguirnos a rutinas para que os novos visitantes e aqueles que xa fixeron a ruta poidan atopar novidades. Mais ou menos a filosofía é a mesma: achegar a beleza e posibilidades de ocio, patrimonial e enogastronómicas da Ribeira Sacra a todos aqueles se se acheguen a este territorio. Detectamos moita demanda de autobuses dende fora das provincias de Ourense e Lugo, polo que nesta edición hai más autobuses, con saídas dende Vigo e A Coruña.

Como resumiría esta proposta para os visitantes que queiran disfrutar desta experiencia?

A Primaveira de Portas Abertas está pensada para toda a familia, unha oportunidade única e especial para acceder a certos monumentos, disfrutar dos nosos viños, gastronomía e  valores.

Te puede interesar