UNIVERSIDADE

As rutas culturais da UVigo visitan os muíños do Folón

Parte do percorrido da ruta cultural de hoxe da UVigo.
photo_camera Parte do percorrido da ruta cultural de hoxe da UVigo.

As rustas culturais da UVigo foror a Muíños do Folón 

As rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola súa Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúan este sábado coa “Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda”, a oitava deste curso académico. Conta cunha distancia de 17 quilómetros e unha dificultade media, dado o ascenso que haberá nos cinco primeiros quilómetros. Seguirá o percorrido polos muíños do Folón e do Picón, Campo do Torroso, miradoiro de San Vicente e A Guarda, lugares onde destaca a beleza das vistas. A andaina, explican desde a súa organización, “ofrece ás persoas visitantes a oportunidade de mergullarse na rica historia galega mentres exploran un fascinante conxunto de muíños construídos entre os séculos XVII e XVIII”. 

Estes muíños, máis de 60 e declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, indican, “foron enxeñosamente deseñados para aproveitar a forza da auga, impulsando grandes rodas de pedra que xeraban fariña de millo, centeo e trigo para abastecer á poboación local e ao seu gando”.

Te puede interesar