Sarín Núñez será o candidato do BNG á alcaldía de Barbadás

Sarín Núñez (en el centro, a la derecha)
photo_camera Sarín Núñez (en el centro, a la derecha)
O BNG de Barbadás escolleu a Sarín Núñez como o seu candidato á alcaldía

Sarín Núñez, actual voceiro do BNG no Concello de Barbadás será o candidato nacionalista á alcaldía nas próximas eleccións municipais, como xa fora en 2019. Así o anunciou o propio Núñez onte, acompañado por varios dos membros da candidatura, concretamente por Nuria Feijoo, Iria Lorenzo e Andrés Soto, números 2, 3 e 4 respectivamente.

Núñez destacou que a conformación da candidatura é froito do “traballo desenvolto ao longo dos últimos meses con continua interlocución social con diferentes colectivos do concello e co obxectivo de acadar unha lista na que todas as parroquias estean representadas e que toda a veciñanza se poida sentir identificada con ela”. Sobre as medidas máis importantes, subliñou a reivindicación dun Centro de día, a creación de piscinas climatizadas que poidan ser empregadas todo o ano ou unha segunda escola infantil.

Te puede interesar