MUNICIPAIS

Seara recuperará "os traballos perdidos no comercio local"

seara
photo_camera Seara acudiu a un paseo informativo sobre o comercio.

O candidato do BNG destacou que aposta por "unha nova lei de horarios que permita conciliar vida laboral e familiar"

O candidato á alcaldía do BNG, Luis Seara, clamou este marte na rúa do Vilar contra "o silencio", por parte do goberno do PP, que tiveron ante a desaparición de establecementos de locais comerciais. Seara, acompañado por membros da candidatura nacionalista, aposta por medidas de apoio para a promoción deste sector de maneira indirecta e directa.

Na rúa do Vilar reivindicaba o candidato do Bloque Nacionalista Galego a antiga esencia comercial da contorna. "Esta rúa foi a máis comercial de Ourense e case todos os comercios que se localizaban aquí están pechados ou en proceso de peche", sinalou o candidato. Entre os factores que dinamitaron esta rutina comercial, destacou a aparición da venta na rede e a suba do aluguer.

"Dende o Concello non podemos ficar alleos ante o que está pasando porque sí se poden tomar medidas" explicou Seara. Apuntou a proposta dunha nova lei de horarios comerciais que permita conciliar a vida laboral e a familiar. "Falamos de medidas indirectas a través dun proceso de humanización dos nosos barrios e das parroquias do rural", destacou o candidato do BNG á Alcaldía.

Asemade, apuntou que no seu programa tamén están recollidas axudas de medidas directas como plans para a dinamización das prazas de abastos: a número e a do barrio da Ponte.

Te puede interesar