Seguimos violentos

wordcloud (3)
Onte andabamos coas labazadas e familia. Quedounos o irmán pequeno, o cachete que non figura no dicionario, aínda que o tal entra na literatura en 1888 co significado de “de golpe”. “Ó velo entrar, díxolle de cachete. Hai quen deriva a palabra de cacha, así que orixinalmente todo cachete sería un azoute nas nádegas; pero como tamén as meixelas son dúas e sen óso, pois de aí pasaría a golpiño nas meixelas. Non sei, paréceme rebuscado. E despois está a violencia do Z, como a dos tanques rusos, pero en menor. Zoscar, zorregar, zoupar... Todo agresividade. Zoscoulle, zorregoulle, zoupoulle... o que se queira. Curiosa é esta última forma. O verbo zoupar e sinónimo popular como arrear... (zoupoulle, arreoulle), pero na palabra derivada, “zoupada” fala sempre dun golpe involuntario. “Andaba facendo o parvo na cima da escada, caeu e levou unha zoupada do demo”. Moitas destas son moi de xerga popular, como a durísima “ferrar”. “Ferroulle unha...” coñécena? Mellor non. Sexan xente pacífica.

Te puede interesar