O Sergas convoca a segunda edición dos seus premios de humanización

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as achegas das persoas máis próximas aos pacientes nos proxectos de humanización a desenvolver 

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convoca a segunda edición do concurso de ideas e iniciativas de humanización. Esta iniciativa, que se dirixe tanto a profesionais como a asociacións de pacientes, naceu o pasado ano -antes da declaración da pandemia- e ten como obxectivo recoller as achegas das persoas máis próximas aos pacientes para integrar o seu criterio e percepcións nos proxectos de humanización a desenvolver pola sanidade pública de Ourense. A primeira edición tivo un gran éxito de participación, con até 57 proxectos inscritos. 

Ademais do compromiso de levalos á practica, os dous proxectos gañadores desta edición estarán dotados cun premio económico de 3.000 euros -financiados pola Fundación Astra Zéneca- en cada unha das categorías: profesionais e pacientes. 

Te puede interesar