Os socialistas da provincia din que están a reverter a “discriminación”

Álvaro Vila, alcalde de Taboadela (Foto: Martiño Pinal)
photo_camera Álvaro Vila, alcalde de Taboadela (Foto: Martiño Pinal)
O grupo do PSOE na Deputación enxalzou onte  a aprobación no pasado pleno dunha ordenanza para a recollida de residuos industriais non perigosos e especiais “xusta” e “extensiva” a todos os concellos

Esta ordenanza vén despois de que o PP presentara unha proposta inicial “discriminatoria”, xa que establecía unhas “zonas prioritarias” arredor da capital en detrimento do resto.

“Por iso presentamos unha serie de alegacións urxentes solicitando unha ordenanza común para toda a provincia, que non outorgase privilexios a ningunha área”, sinalou o portavoz socialista, Álvaro Vila. 

Vila advirte que o grupo socialista seguirá a “apertar” ao goberno popular “contra as discriminación sistemática do PP cara certos concellos” e loitando por “medidas equitativas” en toda a provincia.

Te puede interesar