Os socialistas piden un “reforzo estratéxico do persoal” sanitario

OURENSE (COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE). 20/08/2020. OURENSE. Fachada exterior del Hospital de Ourense. FOTO: ÓSCAR PINAL

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, pediu onte ó Goberno galego un “reforzo estratéxico do persoal” sanitario en Atención Primaria e nos servizos vertebrais dos hospitais. Segundo o PSOE, esta é a “única vía” para frear a cascada de renuncias dos profesionais sanitarios en protesta polas condicións provocadas logo “dunha década de recortes” feitos polos gobernos do Partido Popular, como a recente dimisión do xefe de Neumoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO),  José Abal Arca. A xerencia da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras continúa no proceso de busca dun perfil máis adecuado para sustituilo.

O responsable socialista denunciou que Alfonso Rueda  se manteña “agochado dentro dunha Xunta inmóbil”, e lles pediu que movan ficha para levar adiante un  reforzo estratéxico da sanidade pública galega, “levada ao límite por anos de desmantelamento que hoxe nos poñen nesta situación”, dixo.

Goteo de renuncias

 Torrado tamén relatou o “goteo incesante de renuncias en protesta pola xestión desastrosa” da sanidade pública por parte do PP e lembrou as dimisións dos xefes de Medicina Interna de Ourense e Santiago pola negativa da Consellería a reforzar a plantilla, e que os sanitarios manteñen a ameaza de folga para xaneiro se o Sergas se nega a negociar.

Te puede interesar