Naturaleza

Solicitan ao Concello que non se corten árbores nas obras de Oira

O colectivo ambientalista Amigas das Árbores solicitará ao Concello de Ourense que non dane as árbores existentes na contorna das instalacións deportivas de Oira durante o arranxo do aparcadoiro que foi anunciada polo goberno municipal. Hai dúas semanas, o Concello anunciara a humanización da contorna do pavillón de Oira cun investimento de máis de 358.000 euros, o cal levantou as alarmas de Amigas das Árbores. 

"Neste espazo hai 6 carballos, 12 plátanos de sombra, 2 piñeiros do país e un lodoeiro, todas con boa saúde, moi ben conformadas e non estorban, senón que axudan a quen busca sombra para aparcar", lembra o colectivo.

Ademais, subliñan que "non hai moito" cortouse polo pé o carballo máis grande que había naquel aparcadoiro. 

Te puede interesar