O Supremo avala dereitos de traballadores inmigrantes

A secretaría de emigración do PSOE de Ourense considera “importante” a sentenza do Tribunal Supremo, do 25 de marzo e que afecta aos inmigrantes “xa que permite tomar en consideración os períodos de actividade laboral regular”. O secretario de emigración e inmigración, Luís Gulín, sinala que o arraigamento laboral “pode ser acreditado por calquera medio de proba válido en dereito, incluído, por tanto, os certificados de vida laboral que poida derivar dunha anterior autorización de residencia que perdese vixencia”.

Lembra o PSOE que até agora, para obter autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais de arraigamento laboral, a Administración requiría que “só se podía acreditar exclusivamente mediante a existencia dunha resolución xudicial ou administrativa da inspección de traballo que recoñecese a relación laboral”

Te puede interesar