Susana Álvarez, única candidata para o decanato de Dereito en la UVigo

Susana Álvarez.
photo_camera Susana Álvarez.
Susana Álvarez quere ser a decana de Dereito

A profesora titular da Área de Filosofía do Dereito e actual vicedecana da facultade, Susana Álvarez, é a única aspirante ao decanato deste centro e, de acadar o apoio da xunta de facultade, relevará a Marta Fernández, quen levaba á fronte da facultade dende 2015 (durante dous mandatos, o máximo permitido, e un ano máis en funcións dado que ninguén se presentara ao anterior proceso de eleccións no centro).

O equipo co que se presenta está conformado por Francisca Fernández Prol, que sería vicedecana de Organización Académica; Lourdes Borrajo, que ocuparía o posto de vicedecana de Calidade, e María Belén Sánchez, quen sería a secretaria. “Decidimos presentar esta candidatura coa idea de dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos e de seguir colaborando na mellora da Facultade de Dereito”, explicou. A proclamación definitiva chegará o 10 de febreiro, cando se realice a votación da xunta de facultade, tras unha semana de campaña electoral, que empeza hoxe.

Balance

A decana saínte, Marta Fernández, destacou que “durante os sete anos de mandato tratamos de conformar unha comunidade universitaria dinámica, cada vez máis arraigada, fortalecida e comprometida”. Lembrou que os cursos máis afectados pola pandemia foron “especialmente duros”, ao tempo que subliñou a “implicación total” por parte do seu equipo. Ademais de pola formación e os novos proxectos desenvolvidos durante o seu mandato, Fernández recoñeceu sentirse orgullosa pola “colaboración fundamental e constante con institucións, despachos e empresas”.

Te puede interesar