ENTREVISTA

"Temos que dicirlle a Castilla y León que se ten que implicar máis con este camiño"

José Luis Rodríguez Cid, de Amigos Vía da Plata.
photo_camera José Luis Rodríguez Cid, de Amigos Vía da Plata (MIGUEL ÁNGEL).
José Luis Rodríguez Cid es el presidente de la Asociación Amigos Vía da Plata-Camiño Mozárabe

Como valora a afluencia á Vía da Plata agora?

Está na orde deste últimos anos, no entorno dos 9.000 e poucos. É o que se vén vendo. Esperamos que o próximo ano e, sobre todo, no 2021 se pegue o estirón. Coa inversión que está facendo a Xunta cunha inversión de 2,1 millóns de euros desde A Gudiña a Santiago o camiño vai ter unha melloría importante. Ademais, hai unha partida importante para mantemento e conservación. Esperamos que se note o efecto, aínda que non cabe dúbida de que os peregrinos escollen o camiño que queren.

Hai implicación máis alá de Galicia nos outros territorios por onde pasa este trazado?

Houbo unha reunión hai uns días na Xunta con representantes de Castilla y León ou Extremadura e Andalucía. Hai que facer un labor conxunto e esas comunidades autónomas teñen que implicarse no Camiño, fundamentalmente na parte de Castilla y León, en concreto na provincia de Zamora. Alí a infraestrutura de albergues é un pouco escasa, as distancias entre etapas son bastante longas  e o inverno é moi fastidiado, ao igual que o verán. Xa trasladamos ás autoridades que teñen que intentar  poñer instalacións de albergues en etapas de entre 20 25 kilómetros, porque agora hai etapas de 40 kilómetros sen ningún albergue. Alí a distancia entre aldeas é máis grande que a que hai aquí. 

Está Ourense ben equipada?

Na cidade, os peregrinos xa non só dormen nos albergues, senón en hoteis, pensións e casas de turismo rural. Tamén en albergues xuvenís privados, que xa hai dous.  Hai xente que xa vive do Camiño e iso é o importante. Hai hospedaxe para todo tipo de peregrino, por prezos, e tamén hai poboacións onde aos taxistas lles vai moi ben no servizo de mochila de albergue a albergue.

Cre que iremos a mellor?

Coas mellores que se están facendo e coa chegada do AVE, se é certo que o temos para o 2021, penso que se vai incrementar a cantidade de peregrinos que poden empezar o Camiño en Ourense. Estamos nesa idea e imos presentar un programa de levar o Camiño ás escolas. A idea é implantar na xente nova o tema de peregrinar, porque precisamente os galegos somos ás veces os que menos imos a Camiño camiñando,, en coche impos moito, pero a pé, non tanto.

Por que o Camiño Portugués está tan á alza?

O Camiño da Costa ten agora moita afluencia, é moi bonito, pero é un camiño por aslfalto e continuamente por estrada. A provincia de Pontevedra implicouse moito, pero hai outra cousa moi importante, colle unha poboación moi importante pasando por Lisboa e Oporto. E, ademais, ten o empuxe do aeroporto, que é unha vantaxe para peregrinos internacionais. Ademais, ao ser o camiño máis moderno, vai xente que xa ten feito os outros camiños. 

Que diferenza á Vía da Plata?

O noso camiño é xunto ao Francés, o máis antigo da Península Ibérica, e cun trazado que pasa por catro cidades que son Patrimonio da Humanidade e cruza por tres dos ríos máis importantes. É un camiño cunha riqueza natural e arquitectónica moi importante. Cando lles dis á xente que cando fas o camiño por Ourense pasas por dúas ponte medievais, quedan abraiados. E que é o único camiño que entra a Santiago pola Porta de Mazarelos, a única que queda das sete que tiña a muralla de Santiago. 

Te puede interesar