Unha tese atopa as fontes de humidade dos ciclóns tropicais

Ciclón tropical Catarina. Imagen de archivo.
photo_camera Ciclón tropical Catarina. Imagen de archivo.

Os ciclóns tropicais, explica o doutor do Campus de Ourense, Albenis Pérez, constitúen “unha ameaza persistente cada ano para as rexións tropicais e subtropicais”. Tendo en conta o seu impacto, na súa tese de doutoramento, este investigador da UVigo identificou as fontes de humidade para a precipitación producida por estes sistemas meteorolóxicos nas seis concas do mundo con actividade ciclónica.

Os resultados principais da investigación realizada revelan que “hai diferenzas na distribución espacial das fontes de humidade en cada conca, as cales están relacionadas coas particularidades da actividade ciclónica en cada unha delas, que a humidade precipitante gañada polos ciclóns tropicais provén fundamentalmente de fontes locais e que os sistemas con categoría de furacán 1 e 2 na escala Saffir-Simpson tenden a gañar máis humidade para xerar precipitación que no resto de fases”.

Te puede interesar