Toén celebra o Nadal con media ducia de actos para toda a familia

ALLARIZ (CONCELLO). 13/12/2017. OURENSE. Detalles navideños como iluminación, decoración en las fachadas de los negocios o en las casas de los vecinos de los diferentes concellos de Ourense, para Especial de Navidad de La Región. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera FOTO: ÓSCAR PINAL
O programa do Nadal en Toén
Media ducia de eventos conforman a programación para este Nadal no concello de Toén. Entre estes actos están os concursos de decoración, na que se pode participar de xeito individual ou en grupo. O fallo do xurado para  será o día 30 de decembro, cando se coñecerá o gañador en ambas modalidades. Ademais, Papá Noel pasará polas parroquias do municipio o Día de Noiteboa, antes de pasar esa noite para deixar os regalos aos nenos; mentres que os Reis Magos farano durante a tarde do día 5 de xaneiro, acompañados dunha chocolatada de balde na casa do concello. Completan esta programación as dúas misas solemnes o día de Nadal, unha actuación do mago “Deimi” e unha sesión de cinema infantil o día 3 de xaneiro na que se proxectará o filme “Clifford, el gran perro rojo”, tamén de balde.

Te puede interesar