Unións Agrarias e BNG mostran a súa preocupación polo brote de lingua azul

Ante a aparición dun brote do virus de lingua azul en distintas explotacións de varios concellos ourensáns, o sindicato Unións Agrarias vén de solicitar un encontro co representante provincial da Consellería de Sanidade en Ourense, para abordar a situación actual desta enfermidade e estudar a posta en marcha de distintas accións co fin de que non se estenda máis.
Ademais, o grupo parlamentario do BNG, a través da súa deputada Tereixa Paz, quere saber cal é a situación actual da campaña de vacinación masiva fronte á lingua azul e que previsións manexa o actual Goberno a respeito do seu remate. Tereixa Paz rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que lembra que coa entrada en vigor da nova normativa vixente, que só permite o movemento con destino a vida de animais de máis de catro meses sempre que estean vacinados, que entrou en vigor o pasado 31 de marzo, evidenciouse a necesidade de realizar unha nova campaña masiva e tamén pór en marcha outro sistema para atender a demanda de vacinación.


Te puede interesar