A UVigo dota con 90.000 euros as bolsas para afectados covid

O alumnado da UVigo afectado polas consecuencias económicas derivadas do covid-19 contará cara o vindeiro curso 2020-2021 cunha nova convocatoria de axudas, que se fará pública no mes de setembro, con posterioridade á do Ministerio.

Esta nova convocatoria de bolsas da UVigo está dirixida a estudantes matriculados durante o curso 20-21 en calquera curso e titulación de grao, mestrado ou doutoramento que oferta a institución académica viguesa, e conta cun orzamento de 90.000 euros.

Respecto da convocatoria de axudas do pasado mes de maio, estas bolsas engaden unha nova situación: a do alumnado que teña que devolver a bolsa do Ministerio do curso 19-20 (e que estean matriculados no 20-21) por no cumprir cos requisitos da mesma por causas derivadas da pandemia, como enfermidade do alumnado ou dalgún familiar directo. 

A outra novidade respecto da convocatoria de maio é que as axudas van dirixidas non só a estudantes que no momento da solicitude se atopaban nestas situacións, senón que o puidesen estar desde o estado de alarma, é dicir desde o 14 de marzo, porque “os efectos poden vir agora, aínda que se estivese nun ERTE hai uns meses, pero as consecuencias estanse vendo agora e vanse seguir notando”, explicou a vicerreitora.

Te puede interesar