Participaron máis de 80 persoas

A UVigo realiza no Pereiro a súa primeira andaina poscovid

A expedición, nos miradoiros da Chaira.
photo_camera A expedición, nos miradoiros da Chaira.
O concello recibiu 30.000 euros para o acondicionamento de 50 quilómetros de rutas de sendeirismo

A UVigo celebrou o pasado venres a súa primeira andaina trala pandemia, na que participaron máis de 80 persoas -a maioría procedentes da provincia de Pontevedra-, polo que os organizadores consideran que “o reto superouse con éxito”. A ruta comezou na capitalidade do concello do Pereiro, pasando polo encoro de Cachamuíña, a ruta dos muíños e a Chaira para rematar de novo na praza do concello. O alcalde, Luis Menor, fixo a primeira parte da ruta e mantivo un pequeno encontro cos organizadores, aos que lles agradeceu a súa visita e dos que salientou que “quedaron cunha magnífica impresión e prometeron voltar en sucesivas ocasións”.

30.000 EUROS PARA RUTAS

Ademais, o Concello do Pereiro de Aguiar recibiu preto de 30.000 euros de subvención da Xunta para acondicionar máis de 50 quilómetros de roteiros de sendeirismo. As actuacións concentraranse en tres grandes áreas: o roteiro da  Sicenata-Castelo de Parada-Melias, a de Covas-Triós en dirección ao mosteiro de San Pedro de Rocas e a dos Muíños  do  Grañal.

“Tres sectores  do  noso territorio quedan incorporados  á  rede de roteiros  do  concello, que  acadan así  unha extensión de  máis de 50 quilómetros  nas portas da Ribeira Sacra e  preto da capital”, valora o rexedor. A axuda do goberno autonómico permitirá acabar os traballos que xa se estaban executando nestas zonas, ademais da sinalización e a posta en valor destes atractivos turísticos naturais. “Esta concesión inmediata permítenos culminar e por en valor un  traballo que vimos realizando nos últimos tempos para  salientar os  nosos  principais recursos”, engade Menor.

As tres áreas de actuación “permitirán  coñecer o  noso pasado, o patrimonio, a  paisaxe…  co pano de fondo do Miño”, din desde o  Concello de Pereiro de Aguiar.

O rexedor do Pereiro pon en valor estas subvencións que axudarán a “complementar” os atractivos turísticos do  concello. Así, o encoro de Cachamuíña “recibe cada día  máis  persoas, como por exemplo, esta andaina da Universidade de Vigo”. Tamén colle impulso o roteiro dos  muíños  do  Loña, “que desde que  abriu  hai  dous anos  non para de  medrar en extensión e usuarios”. n

Te puede interesar