O vacinódromo de Expourense cita a franxa de 65 a 79 anos

Vacunación en Expourense. MIGUEL ÁNGEL
photo_camera Vacunación en Expourense. MIGUEL ÁNGEL
Avanza a vacinación contra a gripe e o coronavirus en Ourense

Expourense acollerá, a partir de hoxe, a campaña de vacinación na franxa de idade entre 65 e 79 anos. O vacunódromo da cidade afronta unha nova fase na inmunización conxunta contra gripe e coronavirus que está a desenvolver o Servizo Galego de Saúde. Tamén se administrarán vacinas nos hospitais do Barco de Valdeorras e Verín.

Ensaio clínico

Como novidade, os que acudan poderán participar nun ensaio clínico. Os cidadáns poderán escoller entre poñer a vacina normal da gripe ou unha dobre dose, no marco do proxecto GalFlu, un estudo que levan a cabo a Consellería de Sanidade e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). A idea é que neste ensaio participe unha de cada nove persoas citadas á vacinación, aproximadamente.

Os que acepten a participación no ensaio terán un seguemento por parte do Sergas a través da historía clínica.

Te puede interesar