Ourense

O Valedor do Pobo premia a traballos finais de igualdade

Ourense

Universidad

O Valedor do Pobo premia a traballos finais de igualdade

Os galardóns, froito dun convenio de colaboración asinado entres as tres universidades galegas e a Valedoría do Pobo, xurdiron para distinguir aqueles traballos merecedores dun especial recoñecemento pola súa orixinalidade

A Valedoría do Pobo, coa colaboración das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, convoca a primeira edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao e fin de mestrado en materia de igualdade e dereitos das mulleres. A iniciativa pretende visibilizar o traballo das universidades galegas neste eido, fomentar no alumnado a necesidade de avanzar en igualdade e contribuír a pór en marcha estudos que axuden a un futuro máis igualitario.

Os galardóns, froito dun convenio de colaboración asinado entres as tres universidades galegas e a Valedoría do Pobo, xurdiron para distinguir aqueles traballos merecedores dun especial recoñecemento pola súa orixinalidade, definición do seu obxecto, pertinencia e relevancia, metodoloxía, análise de resultados, aspectos formais e proxección que poidan acadar no ámbito da igualdade de dereitos de mulleres e homes, entre outros aspectos e estarán dotados cada un deles con 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Poden presentarse a esta convocatoria traballos defendidos ou xulgados ante un tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020. Deberán ser orixinais e destacar polo seu valor científico e académico en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Non poderán ter sido publicados nin premiados en calquera convocatoria.