Veciños de Taboadela incorpora 10 mujeres

Xosé Antón Calviño (segundo por la izquierda), con sus compañeros de candidatura. (Foto: Jainer Barros)
O respecto polo medio ambiente, a cohesión social, a recuperación do patrimonio material e inmaterial, a dinamización económica e a recuperación da poboación máis nova protagonizarán a campaña da candidatura dos Veciños de Taboadela (VETA) que, encabezada por Xosé Antón Calviño Martínez, presentouse onte no local social de Pereiras.
Calviño Martínez, que leva exercendo o seu labor de concelleiro na oposición durante os catro últimos anos, lidera unha candidatura 'plural, aberta a todos os que quixeron aceptar esta responsabilidade e disposta a cambiar a situación de Taboadela cara unha perspectiva de futuro moito máis dinámica e moderna', subliñou durante a presentación.

DEZ MULLERES E CATRO HOMES
O programa da candidatura, composta por dez mulleres e catro homes, 'presenta aspectos novidosos e ilusionantes para Taboadela', matizaba o alcaldable quien entende que a iniciativa 'pretende superar actitudes e modos de comportamento obsoletos, caducos e sectarios dende unha perspectiva de integración e colaboración veciñal'.

Te puede interesar