24- M/ OURENSE

Vence destaca ós concellos como creadores de emprego

Ourense.21-05-15. Alameda, acto BNG. Patricia
photo_camera Imaxe dos candidatos do BNG e Vence con mozos e emigrantes retornados.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, destacou onte aos concellos como "ferramentas clave para dinamizar a economía, o tecido económico local e a creación de oportunidades de emprego".

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, destacou onte aos concellos como "ferramentas clave para dinamizar a economía, o tecido económico local e a creación de oportunidades de emprego". E iso, dixo nun encontro interxeracional -emtre mozos e emigrantes retornados- en Ourense coa presencia da candidatura na cidade, "é algo que nós vimos demostrando alí onde gobernamos, porque dende logo, nos concellos onde goberna o BNG hai un dinamismo económico que non hai alí onde goberna o PP".

O portavoz nacional cualificou a reunión coma "un encontro interesante porque serve para cruzar experiencias, pero tamén para ver que a realidade deste país da man do PP segue ameazada polo mesmo tipo de carencias".

Por iso, de cara a mellorar a situación dos concellos, Vence e a candidata Susana García lembraron o papel que xogan as deputacións provinciais, contra as que arremeteron porque, din, se os seus recursos se distribuiran directamente aos concellos, servirían para dinamización económica.

Te puede interesar