Verín acolle unha semana cultural e deportiva en torno ó alzheimer

O área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín promove, coincidindo coa celebración o vindeiro 21 de setembro do Día Mundial do Alzheimer, unha semana cultural e deportiva destinada a visibilizar esta enfermidade.
A primeira actividade prevista será a exposición fotográfica 'Desvelos sinxelos' na Casa do Escudo de Verín. A súa inauguración terá lugar o 14 de setembro, ás 12 horas, e poderá visitarse ata o 21 de setembro de 17,00 a 20,30 horas. Nas xornadas do 16 e 17 de setembro, de 18,00 a 19,30 horas, nas instalacións deportivas municipais desenvolveranse torneos de cachibol para persoas maiores e familia.

O mércores 18 de setembro, de 11,30 a 13,00 horas, terá lugar un obradoiro de estimulación cognitiva-autoestima na Casa da Xuventude de Verín.Na xornada do 20 de setembro, na Casa da Xuventude de Verín, impartirase un obradoiro de arteterapia, de 18,00 a 19,30 horas. E ao día seguinte, sábado 21, a Casa da Cultura será o escenario da mesa redonda 'Peregrinar cara un reto social'. Terá lugar de 11,00 a 14,00 horas para o público en xeral, co fin de informar sobre aspectos da enfermidade dende disintas ópticas profesionais e sensibilizar sobre as pautas de prevención e intervención actuais. Nesa mesma xornada, pero ás 16,30 horas, celebrarase a 'I Andaina polo Alzheimer'.

Te puede interesar