Carta a Sánchez

Este é o virus da desigualdade

ourense 19/04/2020. Diario del coronavirus. José Paz

Despois dun mes do decreto do estado de alarma e a aplicación das medidas de confinamento así como a esperanzadora mellora dos índices sociosanitarios, debemos o de pensar no futuro a corto e a medio prazo. 

Toda a ciudadanía debe ser consciente da dificultade que supón tomar decisións transcendentais e rápidas en momentos de tensión, incertidume e emerxencia sanitaria, e lexislar en horas o que debería levar días, ou incluso meses, nun contexto no que ademáis, a administración está mermada pola COVID-19. No sentido inverso, todo gobernante ou líder debe entender e atender as propostas dos colectivos que tamén están sufrindo esta crise, demandas que, ás veces, son incompatibles entre sí dependendo de quen as plantee. Unido todo a que hai que cadrar as contas públicas e atender compromisos adquiridos de pago.

Non cabe dúbida de que todas as medidas requiren un alto grao de solidariedade e de sintonía entre todos os axentes sociais e os partidos políticos. 

O colectivo do que formo parte e que teño orgullo de presidir na provincia, o Colexio de Economistas de Ourense, valoramos a resposta favorable, aínda que “in extremis”, á nosa petición en materia de ampliación dos plazos das declaración trimestrais, reivindicación xusta para os 55.000 economistas de España, que están desenvolvendo o seu traballo en todos os ámbitos da economía, medida que outros países europeos xa se encargaran de adoptar. Neste punto hai que dicir que parécenos restrictivo que se exclúan empresas que teñan un volume de facturación superior a 600.000 euros. 

Outra das nosas solicitudes colectivas dende o Consejo General de Economistas é a dunha exoneración temporal do abono da aportación empresarial á Seguridade Social para as empresas e autónomos que están mantendo a súa actividade, porque de non facerse así, estanse dando maiores ventaxa ao cese de actividade e a suspensión dos contratos de traballo frente a aquelas empresas que, por tipoloxía, poden seguir prestando os seus servizos.

Valoramos positivamente a inclusión de medidas no ámbito concursal do artículo 43 do RDL 8/2020, seguindo o establecido en Alemania, dispondo dunha “moratoria concursal” para non colapsar o sistema mercantil cunha avalancha de posibles insolvencias de xeito que non sexa preciso declarar concurso de acreedores en dous meses tras a finalización do estado de alarma. Pero non temos constancia de que haxa concretadas medidas de reforzo nos xulgados do Mercantil e no resto da xurisdicción.

Consideramos necesario habilitar unha prestación para os traballadores que teñan reducida a súa xornada laboral por coidado de descendentes ou ascendentes. Non hai que esquecer que estamos ao coidado dos nosos fillos e o teletraballo non é sempre unha opción factible. 

Deberíase recoñecer nun futuro inmediato a labor das empresas que teñen un compromiso de mantemento de plantilla

Deberíase recoñecer nun futuro inmediato a labor das empresas que teñen un compromiso de mantemento de plantilla utilizando os seus recursos propios ou recurrindo á financiación externa para reter o talento, que como apuntan moitos compañeiros economistas, vai ser determinante na velocidade de saída desta crise. 

Atopámonos ante un virus que ten recibido diferentes denominacións dende os medios da comunicación, virus do totalitarismo, virus do populismo, virus da solidariedade, virus da desinformación… pero se hai unha definición que ao meu xuixo define a situación que estamos vivindo é a utilizada polos británicos, a do virus da desigualdade. Desigualdade laboral, empresarial, dixital, sanitaria, económica, pero sobre todo desigualdade educativa e de acceso a educación .

Se algo nos ten que deixar a xestión desta crise sanitaria/económica é una aprendizaxe para o futuro así como un protocolo tanto do que se debe e do que non se debe facer. Faise necesario unha análise profunda da xestión sanitaria presente e futura, un cambio nas prioridades de inversión e una análise pormenorizada das políticas aplicadas nos países orientais e occidentais e un amplo estudio do comportamento da poboación, 

Os profesionais que conforman a nosa corporación pomos a noso maior valor a disposición da provincia: o noso coñecemento. Asesoraremos ás persoas afectadas por esta pandemia da COVID-19 a través de sendos convenios coa Deputación e o Concello de Ourense porque non hai que esquecer que temos que remar na mesma dirección para conseguir revertir canto antes as consecuencias económicas desta crise, porque se algunha obriga temos as institucións e as persoas que as representamos é procurar solución e non culpables. 

Te puede interesar