VERANO

A Virxe das Neves percorre Pedrouzos, en Castro Caldelas

castro caldelas (5)
photo_camera Procesión pola vía romana.
Castro Caldelas pon en valor as súas tradicións e devocións milenarias e honra aos seus patróns

As tradicións en Castro Caldelas continúan vivas. Diso dan fé os veciños do núcleo poboacional de Pedrouzos, os que cumpriron coa tradición da romaría da Virxe das Neves. Unha devoción milenaria no entorno da XVIII Vía Romana, denominada Vía Nova, e a que os máis devotos desta virxe non faltan ningún ano, pois “as costumes hai que mantelas e a nosa devoción é moita”, din os veciños.

Así, decenas de veciños de Pedrouzos, comarca e arredores procesionaron para honrar á Virxe das Neves, ata a súa “fermosa e en restaurada Capela da Nosa Señora das Neves”, como anotou a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega. Alí celebrouse a misa tras un percorrido no que non faltaron os cantos e a música. Por suposto, o bo ambiente reinou durante toda a xornada. 

A romaría

Esta romaría é importante e está moi marcada no concello de Castro Caldelas debido á devoción dos veciños dende hai séculos. “É un orgullo que esta romaría percorra a Vía Nova ou Itinerario Antonino, que vai dende Bracara Augusta a Asturica Augusta cuns 330 quilómetros, atravesando as Terras Caldelás”, explica a rexedora , orgullosa das súas tradicións.

Te puede interesar