As vodas en Ourense: idades, sexo e lugar de cerimonia

As bodas experimentaron un repunte en 2021 tralo parón pola pandemia.
photo_camera As bodas experimentaron un repunte en 2021 tralo parón pola pandemia.
As vodas en Ourense son civís ou relixiosas? A que idade casan os ourensáns? O colectivo LGBT adoita unirse en matrimonio?

No ano 2021, rexistráronse en Galicia 8.481 matrimonios; 176 do mesmo sexo. Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron nas que se rexistraron maior número de matrimonios, 3.669 e 3.057 respectivamente, mentres que en Ourense só se alcanzaron os 842 matrimonios no ano 2021 dos cales 826 foron entre persoas de diferente sexo e 16, entre persoas do mesmo sexo. Estos son os datos que se desprenden do Instituto Galego de Estatísticas cos últimos datos dispoñibles do 2021.

Un análise da serie histórica indica que o número de casamentos en Ourense en 2021 foi a máis alta dos últimos anos, con excepción do 2019 en donde se alcanzaron as 874 cerimonias. Por outra banda, a cifra global supón un repunte considerable con respecto ós casamentos que tiveron lugar no ano 2020 (505) que se viron reducidos por mor da pandemia.

As vodas en Ourense

En Ourense, no caso dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo, as cifras son as máis altas da historia.

Por tipo de matrimonio, 89,4% decantouse por una boda civil namentres só o 10,6 o fixo por unha católica.

Os meses de verán siguen sendo o más escollidos polas parellas para as súas unións. En Ourense, en agosto de 2021, celebraronse 126 cerimonias, 106, en setembro, 99, en xuño e 97 en xullo. O mes de menor número de celebracións foi xaneiro, con 32. 

A evolución dos matrimonios en Ourense reflicte a tendencia xeral de Galicia e de España, onde tamén se alcanzaron récords históricos de casamentos entre persoas do mesmo sexo en 2021.

Nos matrimonios de diferente sexo pódese comprobar tamén un retraso nas idades ás que os homes e as mulleres se casan. Así en Galicia, no ano 2021 o 83,89 % das mulleres e o 90,14 % dos homes tiñan 30 e máis anos; hai dez anos estas porcentaxes situábanse no 66,10 % e no 77,86 % respectivamente.

Organizar unha voda sempre supón estar pendientes de mil e un detalles: traxes, banquete, decoración, complementos,  trámites, etcétera. Para non perder a cabeza con tanto axetreo, dende fai anos xurdiu unha nova profesión, a de organizador de eventos, un profesional  encargado da planificación, coordinación e desenvolvemento de eventos nupciais, ocupándose de todos os aspectos relacionados coa voda, permitindo descargar nel todo o traballo e esforzo necesario para levar a cabo a celebración da voda. Profesionais como Alma Wedding, en Ourense, comentan todas as novidades na celebración deste día tan especial.

Te puede interesar