Volven os cortes á estrada que comunica Esgos con Luíntra

A estrada OU-0509, que comunica os núcleos de Esgos e Luíntra, volverá permanecer cortada nos próximos días. A vía, xa cortada ao tráfico, permanecerá así ata o 8 de setembro entre os puntos quilométricos 9,200 e 10,300. Nunha segunda fase, que afectará ao treito entre o punto 10,300 e 11,200, estará dous días pechada á circulación de vehículos dende o día 9 ata o 10 de setembro. Os desvíos xa están sinalizados e faranse polos núcleos de Covas, Loñoá e Loñoá do Monte. Ademais, esta estrada é a que leva ao mosteiro de San Pedro de Rocas, cuxo acceso permanecerá aberto durante a execución dos traballos. 

Te puede interesar