Xardíns da Milagrosa

debuxo_xardin_milagrosa

O crecemento urbano da cidade de Ourense está vinculado dende o pasado século á proliferación dos seus barrios periféricos.

Un barrio ou barriada se define como o asentamento de parte da poboación dunha cidade nunha determinada extensión de terreo que conforma un agrupamento social xurdido espontaneamente, que se distingue polo se carácter peculiar tanto físico como social, sen esquecer, por outra banda, aqueloutros valores como o económico ou étnico co que se identifica. Noutras ocasións, a barriada naceu por decisións de carácter administrativo, por exemplo os barrios obreiros ou, como no presente caso, mercé ó desenrolo inmobiliario xurdido gracias á aportación de reservas de divisas provintes da emigración.

A populosa barriada da Milagrosa se sitúa no nordeste da cidade, con límites entre San Francisco e Cruz Alta. Atópase composta de varias parcelas ocupadas por grupos de bloques de vivendas, xeralmente compostas de catro alturas, distribuídas entre as rúas: Xoán de Novoa, Nuno de Ousende, Alfonso X El Sabio, Milagrosa, Xunqueira de Espadañedo, Roi Paez, Pero Meogo e Raimundo Ibáñez, todas elas cinguidas por pequenos espacios axardinados.

Foi a empresa constructora Campello, no ano 1974, a que construíu a igrexa parroquial de A Milagrosa, así como a gran maioría actual de bloques de vivendas, a cambio da cesión de varios solares, encargándose o Concello da organización e mantemento dos espazos verdes, que ocupan unha extensión aproximada comprendida entre 5.354 e 6.129 metros cadrados, situados en torno ás vivendas familiares.

Especies da familia das árbores caducifolias, como liquidámbar, introducido en Europa no ano 1681; castiñeiro de Indias; cedro do Atlas; palmeira datileira, pertencente ós perennifolios, mirobálano; arbustos semiperennifolios: roseira do Xapón ou da familia da forma biolóxica da herba perenne, herba das Pampas, son algúns dos elementos constituíntes ornamentais que compoñen os diversos espazos axardinados. Tamén conta o terreo verde máis cércano a igrexa cunha cativa fonte ornamental circular. Ademais, espallados, diversos recintos infantís de xogo para os máis cativos, e para os maiores un espazo biosaudable dotado de diversas maquinaria para favorecer a súa mobilidade, todo complementado ca presencia dunha cancha deportiva pechada dedicada á práctica do baloncesto.

Tamén coexisten moi cércano o depósito de depuradora de augas da cidade de Ourense, o Auditorio Municipal, a Escola de Música e Artes Escénicas, mailo Parque Ferrroviario Os Carrileiros de Foula.

Te puede interesar