Provincia

As xornadas micolóxicas de Verín saltan ás redes

Unha das derradeiras xornadas do evento micolóxico no Museo Claustro Mercedario de Verín.
photo_camera Unha das derradeiras xornadas do evento micolóxico no Museo Claustro Mercedario de Verín.

As xornadas micolóxicas de Verín "Rocos, Turtullos e Cacabinas", que este ano acadarían a súa terceira edición, celebraranse de xeito virtual por mor da pandemia do covid. Así o decidiron os responsables do Museo Claustro Mercedario de Verín e o experto micolóxico Rafael Castro Vaamonde, promotores deste evento.

Con esta iniciativa, os organizadores procuran dar continuidade a unha actividade que en tan só dúas edicións amosou contar co "respaldo e interese da veciñanza", aseguran dende o museo verinés e, deste xeito, a actividade consolídase dentro da axenda cultural da vila á vez que gaña "un carácter máis universal, perdurable e continuo no tempo grazas ás novas tecnoloxías".

Nos perfís dixitais -Facebook e Instagram- iranse compartindo materiais divulgativos de Rafael Castro Vaamonde. "A micoloxía non é cousas de competición nin por cantidade nin por variedade. É o achegamento á natureza o que resulta realmente satisfactorio, e débese facer do xeito máis sostible posible", di o experto.

Te puede interesar