A Xunta apoia as obras pedidas en Espadañedo

Manuel Baltar, Agustín Fernández y Ricargo González.
Nunha entrevista con Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, o alcalde de Xunqueira de Espadañedo, Ricardo González Lage, solicitou a colaboración do seu departamento no desenvolvemento de proxectos clave na dinamización do municipio.
Na xuntanza de traballo en prol dos intereses do municipio co conselleiro, o alcalde estivo acompañado por Manuel Baltar, vicepresidente do Parlamento e presidente do PP de Ourense.

O conselleiro foi moi receptivo ás peticións do alcalde de Xunqueira de Espadañedo, considerando clave a axuda e colaboración que comprometeu a administración autonómica para a aprobación do plan xeral de ordenación municipal, que ten por obxecto mellorar a imaxe e as dotacións do municipio de Xunqueira de cara ós próximos anos.

Tamén se revisaron as peticións de diversos proxectos de obra en materia de infraestructuras e medioambiente plantexados polo alcalde ante este departamento autonómico e que contribuirán a mellora do concello.

Te puede interesar