Infraestructuras

A Xunta avaliará colaborar no plan de viabilidade de San Cibrao

17,30 h.-   A conselleira  de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, manterá unha reunión coa directiva da Asociación de empresarios Polígono San Cibrao. Nas dependencias da Consellería en San Caetano. 
foto xoán crespo
18/02/2020
photo_camera Imaxe da reunión na consellería.
As obras, que se atopan no 75% da súa execución, estarán en servizo antes do verán

A conselleira  de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle este martes á directiva da Asociación de empresarios Polígono San Cibrao das Viñas "o compromiso da Xunta de seguir traballando a prol da mellora da competitividade desta área industrial", segundo explica este departamento do goberno galego nunha nota.

Vázquez Mourelle, que estivo acompañada polo director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, manifestoulles aos asistentes que o seu departamento "analizará a posibilidade de colaborar no desenvolvemento dun plan de mobilidade para o polígono", unha das prioridades da asociación empresarial. 

A este respecto, lembrou que o Goberno galego está a impulsar a conexión directa da autovía A-52 co polígono industrial, cun orzamento de 21,5 millóns de euros. A este respecto adiantou as obras xa se atopan ao 75 % da súa execución total. Iso supón que entrará en servizo antes do verán e o novo acceso reducirá en máis do 60% o percorrido actual e reforzará a seguridade viaria na zona, segundo as previsións da consellería. Vázquez tamén recordou que os novos contratos do Plan de Transporte Público "permitiron aumentar nun 50 % os servizos de autobús interurbano entre Ourense e o Polígono de San Cibrao das Viñas".

Te puede interesar