SEGURIDAD

Ribadavia, Muíños e O Barco reciben coches de emerxencia

Entrega del vehículo de emergencias en Ribadavia.
photo_camera Entrega do vehículo en Ribadavia.
No acto participaron alcaldes e concelleiros de distintos municipios, ademais da xefa territorial en Ourense, Marisol Díaz.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega este martes na Praza Maior de Ribadavia de tres furgonetas de servizos varios aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia, Muíños e O Barco de Valdeorras, onde incidiu na importancia de que os efectivos conten co material axeitado que lles permitan realizar o seu traballo con seguridade e ofrecer unha maior eficacia na resposta ante calquera intervención.

A adquisición, que conta cun investimento do 242.000 euros, forma parte do proxecto ARIEM+, a través do cal a Xunta traballa na xestión de recursos humanos e materiais para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias a un e outro lado da fronteira de Galicia con Portugal. A través deste proxecto de colaboración transfronteiriza, a Xunta coopera con Castela e León e Portugal en materia de emerxencias en torno á prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e coas actividades humanas. 

Os tres novos vehículos para a atención ás emerxencias entregados este martes dispoñen de tres prazas e de tracción integral 4x4, ademais de espazo para albergar equipamento para todo tipo de intervencións, como dous equipos de respiración autónoma, unha cámara térmica, unha bomba de auga de alta presión con depósito duns 380 litros e outra sumerxible para augas sucias ou lodos, así como diverso material específico de rescate en altura.

No acto participaron alcaldes e concelleiros de distintos municipios, ademais da xefa territorial en Ourense, Marisol Díaz.

Te puede interesar