A Xunta inverterá 256.000 euros no equipamento do centro de día de Esgos (Ourense) para abrir as súas portas en 2013

A Xunta de Galicia inverterá 256.000 euros no equipamento do centro de día residencial do Concello de Esgos (Ourense), co obxectivo de que as instalacións poidan comezar a funcionar este ano 2013.
Este foi un dos asuntos abordados na reunión que mantiveron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez González.

Segundo indicou a Xunta, a posta en funcionamento deste centro suporá a apertura de 57 novas prazas residenciais e 22 novas prazas de centro de día.

Pola súa banda, o alcalde de Esgos confirmou a Núñez Feijóo a súa disposición para desenvolver a proposta da Xunta de construír unha escola infantil de forma conxunta cos municipios de Baños de Molgas e Paderne de Allariz.

O encontro entre ambos os dous mandatarios tamén serviu para dar un novo impulso ás obras hidráulicas previstas neste municipio. Así, acordaron axilizar a mellora do abastecemento na parroquia de Pardeconde, o que suporá unha inversión de 200.000 euros, que se licitarán ao longo deste exercicio.

Te puede interesar