A Xunta inviste preto dun millón de euros no firme de catro estradas do Carballiño e O Ribeiro

Iglesia de A Veracruz.
photo_camera Iglesia de A Veracruz.
As actuacións, que contan cun orzamento de 940.758 euros, foron adxudicadas á empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.A.

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia acaba de adxudicar a mellora do firme en catro estradas de titularidade autonómica ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro.

As actuacións, que contan cun orzamento de 940.758 euros, foron adxudicadas á empresa Extraco Construccións e Proxectos, S.A., e teñen como obxectivo o acondicionamento do firme nas estradas OU-206 ao seu paso polo Carballiño; na OU-212, que comunica os  concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901 nos concellos de San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, entre San Cristovo de Cea e Vilamarín.

Dende o departamento que preside Ángeles Vázquez apuntaban que a previsión é “comezar os traballos ao longo do vindeiro mes de xullo, co obxectivo de rematalos este mesmo ano”. Segundo recolle o contrato firmado coa adxudicataria, o prazo de execución da obra é de seis meses.

As intervencións obxecto deste contrato consisten na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 quilómetros de vía, completado co repintado das marcas viarias.  

Ademais, os traballos incluirán outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.

Te puede interesar