A Xunta licita obras por 100.000 euros en Luíntra

Unha rúa de Luíntra, no nadal de 2019 (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Unha rúa de Luíntra, no nadal de 2019 (ÓSCAR PINAL).
Os traballos buscan a mellora do acceso á oficina de promoción turística

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou por 100.000 euros as obras de mellora da contorna e do acceso ao inmoble que alberga a oficina municipal de promoción turística de Nogueira de Ramuín, en Luíntra. A licitación do contrato prevé un prazo de execución de catro meses, e contempla o derrubamento dun edificio para construír un espazo con terraza, facilitando unha zona de aparcamento para coches e outra para un espazo de lecer, así como a mellora da rampla de acceso da oficina de turismo, situada nunha parcela de uso dotacional en Luíntra. 

Para a execución dos traballos será necesario mellorar as instalacións con terras de préstamo, axustar a evacuación das augas, estender o pavimento na zona reservada para o tráfico rodado e aplicar formigón na zona peonil.

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

Te puede interesar