A Xunta organiza un obradoiro de olivicultura en Vilamarín

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza esta fin de semana no concello de Vilamarín un curso de olivicultura ecolóxica. Previsto dende o sábado 2 de outubro ao domingo 3 no Pazo do Rego, o departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal será o encargado de impartilo en horario de mañá e tarde, cun total de 20 horas lectivas.

O obxectivo da iniciativa é dotar de recursos aos olivicultores que queiran desenvolver a súa actividade na agricultura ecolóxica. Así, os contidos arrancarán cunha introdución sobre este modo de produción para seguir tratando as pragas e enfermidades que afectan as oliveiras, así como os métodos ecolóxicos para combatelas. Seguidamente falarase da nutrición ecolóxica a base de compost, fertilizante en verde e de fertilizantes ecolóxicos radiculares e foliares e abordarase o control ecolóxico de malas herbas.

Te puede interesar