O documental que narra a viaxe de Carlos Núñez ata o Brasil acadou o galardón 'Miño' ó mellor filme galego ou portugués

Xurado e público avalan a 'Siberia Monamour' como mellor película

Por primeira vez en 15 anos, público e xurado demostraron ter os mesmos gustos cinematográficos outorgándolle á producción rusa 'Siberia.
Monamour' a distinción de mellor longametraxe da XVI edición do Festival de Cine de Ourense. Onte recibiu o galardón que outorgan os espectadores e a 'Calpurnia' máis codiciada. Dirixido por Slava Ross, o filme conta a historia de Ivan e o seu neto Leshia, de sete anos. Os dous viven nun pobo abandonado da taiga siberiana, a onde chega só Yuri, tío do pequeno, para levarlles comida, ata que os cans salvaxes o atacan e morre. O avó e o neno quedan sen entón sen suministros. Leshia foxe do pobo e Ivan vese na obriga de buscar axuda mentres os cans lle comen o terreo. 'Siberia. Monamour' conseguiu tamén o premio do xurado universitario e o de mellor actor para Nikolay Kozak, pola súa actuación no papel do Capitán.

A historia conquistou a público e xurado, pero non á concelleira de Cultura, Isabel Pérez, que confesou que 'o meu favorito era outro', aínda que se mostrou reticente a descubrir por cal optaba ela. Onte asistiu á lectura do palmarés xunto ó voceiro do OUFF, Diego G. López, e os membros do xurado Isleni Cruz e Santiago Rubín. Estes últimos foron os encargados de ler un por un ós premiados en cada unha das 23 categorías disponibles.

Con dous galardóns cada un, tamén triunfaron onte os títulos 'The off hours' e 'Brasil somos nós'. A primeira producción, de orixe estadounidense, recibiu a distinción especial do xurado e o premio 'Carlos Velo' ó mellor director para Megan Griffiths. 'The off hours' conta a historia dunha camareira que decide cambiar a rutina da súa vida.

Pola contra, 'Brasil somos nós' é o documental que narra a viaxe do gaiteiro Carlos Núñez ó outro lado do Atlántico para seguir a pista do seu avó, José María Núñez, e que deu orixe ó disco 'Alborada do Brasil'. Para o público do OUFF, este título foi o mellor documental proxectado, mentres que para o xurado mereceu o premio 'Miño' á mellor producción galega ou portuguesa.

Do resto do palmarés da XVI edición salientan galardóns coma o 'Cidade da Coruña' ó mellor guión, que recaeu en Cihan Inan por '180º', ou o de mellor actriz, nesta ocasión outorgado a Jessica Schwarz pola súa interpretación de María no filme alemán 'Das lied in mir'.

Á falta de coñecer aínda datos oficiais, Isabel Pérez adiantou que o balance deste ano 'é moi positivo'. Para ela, o mellor termómetro dun festival coma este é a 'asistencia do público', así coma o 'bo ambiente' vivido durante os últimos dez días.

Te puede interesar