CON ESTA OBRA O CONCELLO DA RESPOSTA áS PETICIóNS DOS VECIñOS USUARIOS DAS INSTALACIóNS

Castrelo amplía o pavillón para construir un ximnasio

O pavillón de deportes terá un anexo novo para acoller o ximnasio. (Foto: XESÚS FARIÑAS)

Os veciños do Concello de Castrelo de Miño contarán en próximas datas cun novo ximnasio e un pavillón de deportes remodelado. As obras prevese que estén finalizadas o 30 de setembro e a inversión ascende a 47.318 euros, da que o 87% procede de fondos europeos Feder, facendo frente o Concello ó 13% restante. 'Priorizouse esta inversión vista a participación dos veciños nas escolas deportivas para todas as idades que funcionan ininterrumpidamente desde 2008 e atendendo as súas suxerencias', sinalou o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez.

O proxecto contempla melloras do actual edificio como a reforma da cuberta e da canalización de recollida de auga, e a construción dun anexo destinado a ximnasio, e onde se colocarán as máquinas adquiridas en 2012.

Neste pasado mes de agosto finalizaron as escolas deportivas da temporada 2012-2013 para a que se apuntaron 163 persoas, que é a media dos últimos anos. Deste xeito, funcionaron catro grupos de ximnasia de mantemento (ximnasia suave, pilates, mantemento e tonificación e aeróbicos), tamén as escolas deportivas infantís de futbol sala, voleibol, balonmán e badminton, a escola de futbol sala feminino, un grupo de ximnasia xeriátrica e ademáis tamén se utilizaron estas instalacións para o entrenamento do Castrelo de Miño Futbol Sala Feminino, no que participan máis de 20 rapazas. A oferta complétase con xogos biosaudables no exterior do pavillon. Xurxo Rodríguez destaca 'a importancia do funcionamento destes servizos deportivos, que poden disfrutar gratuitamente todolos veciños, sen ter que saír do noso concello, e que coas novas reformas no pavillón e coa construcción do novo ximnasio aínda van mellorar máis'.

Te puede interesar