Los inscritos en la ludoteca verinense aprenden a reciclar

Os nenos da ludoteca de verán do Concello de Verín participarán mañá, de 10,00 a 13,30 horas, na campaña de reciclaxe 'Separemos ben, reciclaremos mellor', organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xunto con Sogama e os Sistemas Integrados de Xestión Ecoembes, Ecopilas e ERP.

A través dunha furgoneta adaptada e preparada para tal fin, e atendida por monitores especializados que asumirán unha tarefa informativa e formativa, proporcionarase aos menores as claves para implicarse no sistema. As explicacións dos educadores reforzaranse coa distribución de material divulgativo, ademais de merchandising específico co que obsequialos.

Así mesmo, disporase dunha carpa que albergará o xogo xigante da reciclaxe, posibilitando que os nenos poidan divertirse, pero tamén aprender os conceptos claves da separación do lixo.


ACTIVIDADE DE CLAUSURA

Esta iniciativa ambiental clausurará a tempada 2013 da ludoteca de verán, que se iniciou o pasado 25 de xuño e na que participaron máis dun centenar de menores, con idades comprendidas entre os tres e os 10 anos

Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, animación á lectura e contacontos (na Biblioteca de Verín), xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia, piscina, piragüismo, inchables, novas tecnoloxías ou cine infantil foron algunhas das actividades nas que poideron participar os cativos; así como iniciativas adicadas a diferentes temáticas como alimentación, saúde ou persoas maiores -a través das actividades 'Ponlle as pilas ao teu Bocata', Educamóbil ou ou obradoiros coa Cruz Vermella, entroutras-.

Te puede interesar