ALLARIZ

Allariz premiará as compras do Nadal co “Peto dos Desexos"

Haberá tres premios de 200 euros

"En Nadal, merca no comercio local" é o lema da campaña que o Concello de Allariz, xunto co comercio e a hostalería, desenvolverán dende esta semana para incentivar as compras locais. 

A iniciativa "O Peto dos Desexos" sorteará tres premios de 200 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade, que deberán xuntar billetes de compra ata alcanzar un valor de 30 euros e depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos petos situados no alto do Portelo ou na entrada da Alameda. O sorteo público terá lugar o luns 7 de xaneiro ás 11,30 horas na entrada da Alameda.

No marco da programación  navideña organizada polo Concello de Allariz, esta semana no Fogar dos Maiores, desenvolverase o obradoiro "Faino ti mesma!", mentras que o xoves despedirase o 2017 cunha tarde de "Curtas, Doces e Panxoliñas".

Te puede interesar