FOLCLORE

Homenaxe ó grupo Abertal, no Día do Orgullo Gaiteiro

Reivindican ás mulleres como "únicas e invisibles" transmisores da música tradicional

O Auditorio de Ourense acolleu ao longa da xornada de onte unha ampla programación diseñada con motivo da celebración do Día do Orgullo Gaiteiro, organizado pola asociación Gomes Mouro e que chegaba a súa undécima edición. O programa de actos abríase a media mañá, con actividades dirixidas aos mais pequenos e o espectáculo musical infantil titulado "Uxía Lambona e a Banda Molona".

Xa pola tarde, tiña lugar a partir das 16.30 horas, un coloquio sobre "Muller e cantigas tradicionais", a cargo de Ana Senlle e Teresa Santamaría, seguido dunha mesa aberta arredor do tema "A muller na tradición".

A partir das 18.30 horas os organizadores renderon homenaxe ós veciños de Santa Tegra, en Castro Caldelas, por selos conservadores e transmisores da Danza da Cocas, da Virxe da Luz. Asimesmo, homenaxearon a a Manuel Anxo Durán e á agrupación ruesa Abertal, polos 25 anos que levan traballando na música tradicional galega.

A actuación de Abertal e Os Minhotos e unha cea-festa puxeron o remate á xornada.

Te puede interesar