Magosto en Parada de Sil polo remate da colleita da castaña

photo_camera Un momento do baile que tivo lugar como remate do magosto popular

Os veciños consideran que a producción foi boa, recolléndose arredor de 100.000 kilos no concello

Os vecinos da localidade de Parada de Sil festexaron o pasado sábado, día 1 de novembro, o remate da temporada da colleita da castaña cun magosto popular que foi organizado polo Clube Ouro do Sil. Na celebración participaron máis de 200 persoas.

A castaña é un dos productos máis tradicionais daquela comarca e son moitos os veciños que conseguen uns ingresos para complementar as rendas familiares. Según datos oficiosos, a campaña desde ano foi boa, xa que se recolleron no concello de Parada de Sil arredor de 100.000 kilos, que se pagaron a "bos prezos", segundo comentarios recollidos entre os veciños. Segundo suliñaba nestas datas Jesús Quintá, presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, os prezos este ano oscilaron entre 1 euros e 1,70 euros o kilo, en función da calidade da mesma.

Un problema importante que se detectou este ano foi, segundo trascendeu días atrás, a existencia de grupos de descoñecidos que se adicaron a roubar o producto antes de que os propietarios acudiran a colleitalo ós soutos, feitos que foron postos en coñecemento da Garda Civil, que reforzou as tarefas de viancia na zona.

No decurso da xuntanza gastronómica que se celebrou o pasado sábado os asistentes poideron degustar carne ó caldeiro, empanada, bica de Parada de Sil e viño da Ribeira Sacra e, como non, as castañas asadas.

Segundo o alcalde, Francisco Magide, o evento constituiu "un éxito absoluto, dada a gran concurrencia de veciños, e agradeceu a Xosé Antón Vázquez, promotor do evento, o seu esforzo e por ter fomentado "un gran ambiente entre os participantes no magosto popular".

Durante esta xuntanza gastronómica actuou a charanga CBC de Celanova, que animou o baile que se organizou ó remate da festa e no decurso do que os asistentes recoñeceron con aplausos o bo facer dos músicos.

Te puede interesar