PRESUPOSTO

Vilar de Santos aposta por emprego e servizos sociais

O Concello dispón dun remanente de 170.000 euros para gastos xerais

O Concello de Vilar de Santos pechou o exercicio económico de 2013 con un resultado orzamentario positivo de 151.305 euros. Asimesmo, segundo unha nota informativa divulgada onte, o equipo de goberno disporá dun remanente de tesourería para gastos xerais de 170.300 euros, unha cantidade que representa un incremento de case que 86.000 euros con respecto ao ano 2012.

Segundo o Concello, o devandito remanente será empregado no desenvolvemento de proxectos xa definidos en varias áreas de actuación, que están vinculadas fundamentalmente ca dinamización de actividade económica e a creación de emprego, así como os servizos sociais municipais e a mellora das infraestructuras e equipamentos públicos. Segundo a nota informativa, os aforros xerados lográronse "grazas á xestión e ao control e racionalización dos gastos correntes municipais, pero sen renunciar á inversión". Asimesmo resalta como aspectos da liquidación das contas correspondentes ó exercicio de 2013 "a inexistencia de débada pública, de ningún plan de axunste e de débeda con proveedores e cumprindo cos principios de eficacia , eficiencia, estabilizade orzamentaria e sostibilidade financieira".

Estas contas, segundo sinala o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, "poñen de manifesto a nosa capacidade e solvencia, proporcionando seguridade económica e permiten afrontar o futuro sen ter que facer recortes nos servizos públicos esenciais, así como acometer os investimentos necesarios para o desenvolvemento do Concello".

Te puede interesar