PROVINCIA

Vilar de Santos impulsa trece novos proxectos empresariais

photo_camera Xan Jardón, alcalde do Concello de Vilar de Santos.

Cinco deles xa están en funcionamento e supuxeron a creación de dez postos de traballo no Concello 

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Vilar de Santos, dentro do seu obxectivo de dinamizar o territorio municipal, tanto co apoio e consolidación das empresas asentadas no territorio como para a creación doutras novas, conseguiu que dez novos proxectos empresariais viran a luz no termo municipal.

Segundo sinala o alcalde, Xan Jardón, estas iniciativas forman parte da aposta do Concello "polo aproveitamento e posta en valor dos recursos e capacidades locais para dotarnos de infraestructuras e servizos públicos de calidade". Con este obxectivo naceo a Axencia de Desenvolvemento Local, que apoia tanto a consolidación das empresas asentadas no Concello como a creación doutras novas.

Deste xeito, o Concello, a través da devandita Axencia, fomenta e facilita o acceso ás axudas europeas do programa Leader, xestionadas a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR-15. Este labor de dinamización ponse de manifesto, segundo sinala Xan Jardín, no traballo de colaboración co GDR-15, que posibilitou que xurdiran trece proxectos de emprendemento no concello. Destas iniciativas empresariais, cinco xa foron financiadas e están en funcionamento. Consistiron na modernización dunha explotación de cabras, a apertura dun taller mecánico e duna empresa de servizos de fontanería, na transformación de distribución de productos de horta e nunha explotación agraria de cebola. O investimento global nestes proxectos superou os 643.000 euros e posibilitaron a creación e consolidación de dez postos de traballo

Oito proxectos máis

Outros tres proxectos -fabricación de embutidos, elaboración de queixo artesán e realización dun local de servizos sociais- xa foron aprobados. Supoñen un investimento de 79.000 euros. Outros tres proxectos, que crearán cinco postos de traballo, están pendentes de aprobación e dúas iniciativas máis de emprendemento están en estudio nestes momentos polo GDR.

Segundo Xan Jardón, o obxectivo é, "partindo da nosa base agraria, promover a modernizacion e diversificación do sector agrogandeiro e os servizos, un principio básico que se está conseguindo".

Segundo o rexidor de Vilar de Santos, o traballo da Axencia de Desenvolvemento Local "posibilitou ampliar obxectivos a longo prazo e mesmo establecer outro tipo de accións de dinamización e busca de alternativas relacionadas coa promoción das empresas e dos diferentes sectores de actividade do concello". Para o rexidor, estas actuacións "demostran a aposta do grupo de goberno por seguir impulsando un modelo de desenvolvemento propio, fomentando e apoiando a economía productiva , o aproveitamento e posta en valor e diversificación dos nosos recursos e productos".

Te puede interesar