A bolboretiña do día: "Tarde piaches"

wordcloud (2)

Dentro das expresións de tempo hai unha que me cobiza porque aparece en galego no Quixote. No capítulo LII logo de enredaren con Sancho  como gobernador, os veciños pídenlle que non marche. E el dilles que a decisión está tomada e non hai nada que facer, e responde a eses afectos tardíos cun “Tarde piache” galaico. 

A frase disque viña dun soldado que comía ovos crus e nun deles ía un pitiño que estaba nacendo. Piou o pito pero el enguliuno igual e seica dixo o de “Tarde piache”. Así pois, hai unha expresión nosa viva no maior monumento literario hispano. Non en van os antepasados do autor eran, se cadra, de Cervantes, Lugo. 

Tamén se usa en “lunfardo”, modalidade outrora dos baixos fondos porteños, co mesmo sentido.

Te puede interesar