OS BOLECHAS

Os Bolechas amplían a familia no seu novo libro

2014051309493553316
photo_camera La popular familia de Os Bolechas, durante una de sus actuaciones.

Os populares irmáns, convértense en núcleo de acollida de dous nenos

A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, presentou onte o novo libro dos Bolechas, a coñecida creación de Pepe Carreiro, no que se converten en familia de acollida de dous cativos, Noela e Vintil, e do seu can, Sudoku. Deste xeito, os seis irmáns mailo seu can Chispa queren dar a coñecer este necesario recurso que ofrece aos menores que necesitan un fogar provisional e unha familia coas que viviren mentres se solucionan os problemas da súa.

A publicación coincide coa celebración do Día Internacional da Familia o próximo 15 de maio. A Consellería de Traballo e Benestar distribuirá 5.000 libros por distintos centros educativos, bibliotecas e entidades que traballan coa infancia e a familia para darlle a necesaria “visibilidade a estes recursos e conseguir que sexan cada vez máis coñecidos e recoñecidos” por todos, apuntou a conselleira, ao tempo que lembrou que na Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, impulsada polo Goberno galego no ano 2011, protéxese e favorécese a permanencia dos menores en situación de desprotección nunha familia, dándoselle prioridade ao acollemento sobre o internamento residencial polo seu valor normalizador.

Para xestionar o programa de acollemento en familia allea, a Consellería conta coa colaboración da Cruz Vermella, e para levar a cabo o de familia extensa, coa cooperación de Aldeas Infantiles, dúas entidades ás que Mato agradeceu o súa incansable labor, ao tempo que puxo tamén en valor o compromiso e a xenerosidade das familias galegas desde fai moitos anos.

A conselleira Mato considera “esencial” continuar co traballo de difusión deste importante recurso, de aí a súa colaboración na divulgación deste conto que, como todos os dos Bolechas, mestura unha parte didáctica e outra de humor e lecer, unha combinación que leva triunfando xa 14 anos en Galicia.

Te puede interesar
Más en Sociedad