A Mostra de Teatro de Ribadavia, entre os que recibiron os seus galardóns onte no Museo Gaias

A cultura premia en Santiago ao 'exército pacífico' de Galicia

O presidente da Xunta, Núñez Feijoo (c), posa cos galardoados cos premios da Cultura Gallega, onte en Santiago. (Foto: XOAN REY)
Os Premios da Cultura Galega 2013 foron entregados onte no transcurso dun acto no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, acto no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou a importancia do 'exército pacífico de Galicia', un arsenal que dixo perfectamente dotado para vencer os novos desafíos que a cultura presenta.
Estes premios, convocados pola Consellería de Cultura, e outorgados por un xurado conformado por representantes das principais institucións culturais e profesionais independentes do país, supoñen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural.

Foi o propio Feijóo o encargado de subliñar os méritos dos premiados que, nun total de oito categorías conforman estes galardóns. Así, dixo que os premios supoñen 'unha posta en valor do patrimonio, co Museo Castro de Viladonga; un traballo coas correntes máis vangardistas, feito pola Fundación Eugenio Granell; unha paciente recreación das artes escénicas desde o xa afastado 1973, na Mostra de Teatro de Ribadavia; unha incursión decisiva de Bambú Produccións nos territorios audiovisuais; unha defensa da lingua na rede que lle debemos a Punto Gal, e que dará os seus froitos a comezos de 2014 cun dominio netamente galego; un fondo musical a este novo rexurdimento, nas partituras de Juan Durán; unha proxección exterior, posible na Arxentina co Instituto Santiago Apóstol, exemplo de iniciativa, entrega e patriotismo, e unha forza poética que vén da man de Luz Pozo Garza'.

Sobre un escenario que simbolizaba unha fraga de abedules, a música e a danza amenizaron o acto con intervencións da formación Talabarte; a galego-palestina Najla Shami, acompañada polo músico Arquímides Artal, e Zoar Ensemble. No apartado escénico as actuacións foron do dúo Lusco e Fusco, formado por Fredi Muiño e Pablo Reboleiro, e dos bailarines Miguel A. Ponche e Ana Serantes.

Te puede interesar
Más en Sociedad