Unha eiva entre San Cibrao e A Merca, que non desmerece a coplilla popular da época

No centro, as catro estrofas que Pepín lle dedica á caza dos lobos en Ourense.
photo_camera No centro, as catro estrofas que Pepín lle dedica á caza dos lobos en Ourense.

O singular "Pepín" contaba daquela con 56 anos e, unha vez rematada a misión que o desprazara a San Cibrao das Viñas, retornou á súa actividade cotiá nos frondosos "hayedos y robledas" da Reserva Natural do río Saja ata que lle chegou o merecido momento da xubilación, logo de toda unha vida dedicada á protección da natureza.

Unha vida que foi quen de resumir nunha longa copla popular, formada por trinta e tres estrofas, das cales catro están dedicadas ó seu periplo ourensán, e que como xa indiquei, atópanse reproducidas nunha placa de mármol que forma parte do conxunto monumental instalado no val de Fresneda, de onde José Guitiérrez era natural.

Nelas, o garda forestal relata como "desde muy niño/ al monte me dedicaron/ con afición a la caza,/ pero guardando el ganado", como naceu a reserva natural na que acabou traballando e como, nun momento dado, tivo que deixala a un lado para axudar nas batidas organizadas en San Cibrao co fin de acabar cos lobos que tiñan matado ós dous nenos e atemorizado a toda a provincia.

Fose por cuestións propias da rima ou por unha mera confusión na toponimia, o caso é que o garda comete unha pequena eiva nas estrofas que lle dedica á súa expedición ourensá, ó mentar o pobo da Merca no canto do concello de San Cibrao. Eiva que, sem embargo, non desmerece para nada a singularidade da copla e non lle resta ningún atractivo á sopresa que pode levar calquera ourensán que transite por esa fermosa porción de terras cántabras e se lle dea por parar no monumento e coñecer a historia do singular Pepín e as súas aventuras por Ourense.

"Un alto en el camino" -di-,/ de Orense urgente me llaman/ porque dicen que en la Merca/ los lobos tres niños matan./

Y eso me llega hasta el alma/y me excita el corazón,/esos niños inocentes/ los tengo que vengar yo./

Y al otro día siguiente/ ya tocaban las campanas/ viendo que murió la loba/ de aquella horrible desgracia./

Allí seguimos cazando/ llegando a media docena,/ ¡adiós Orense bonito,/ ya me voy para Fresneda!".

Te puede interesar