Hollywood Babilonia

O código moral Hays, aprobado en 1930 e que entrou en vigor no 1934, causou profundos cambios tanto a nivel creativo como no ambiente que rodeaba os estudos. Coincidiu coa chegada do sonoro e provocou un antes e un despois na industria. Nesta transición caeron en decadencia múltiples personaxes mentres outros novos apareceron co mesmo afán de alcanzar a fama eterna. Para este filme, Chazelle colleu seguramente inspiración no libro escándalo do cineasta underground Kenneth Anger, Hollywood Babylon, pero sen citar directamente nomes e apelidos reais como fixo Anger. Igualmente non é difícil recoñecer nas personaxes desta película, trazos dalgún protagonista en concreto. A columnista Elinor St. John (Jean Smart) pode estar inspirada na británica Elinor Glyn. Foi a crítica que inventou o termo de “It Girl” para a actriz Clara Bow no cal, en parte, se inspira na “chica salvaxe” Nellie LeRoy (Margot Robbie). Tamén poderíamos dicir que Jack Cornad, o galán interpretado por Brad Pitt, é unha perfecta suma entre Clark Gable, Rodolfo Valentino e John Gilbert. Ao igual que o trompetista Sidney Palmer ten algo en común con Curtis Mosby, un jazzista que participou en varias películas de Hollywood. Poderíamos seguir nesta liña pero o máis relevante é o traballo que fai Chazelle en mesturar estes elementos collidos da realidade para crear algo que é a vida e ao mesmo tempo vai máis alá dela –no fondo, a esencia do cinematógrafo.

Babylon avanza por anécdotas, diferentes situacións entre o cómico e o surreal. O afán de Chazelle para entreter o público durante 3 horas e 8 minutos, é admirable. Aínda que máis dunha personaxe resulte caricatural, apréciase o seu intento de construír algo ambicioso sen perder de vista o gran público. Citando algunha escena en concreto –sen facer demasiado spoiler- non podemos evitar de lembrar a inicial: un festón orxiástico en todos os sentidos que fará ruborizar de envexa a Baz Luhrman e aparecer a comilona do Satiricón (1969) de Fellini unha cea de gala. Ou o momento onde se describe con minucia de detalles, a primeira rodaxe co son, unhas das secuencias máis exhilarantes. Outro momento digno de ser mencionado é o epílogo final: Chazelle fai unha declaración de amor ao cine, aos elementos que o compoñen, ao seu ADN de ave fénix e admite que se sinte orgullosamente parte da súa historia máxica e terrible.

Segue a colaboración do cineasta co compositor Justin Hurwitz. O resultado esta vez é mais parecido ao de Whiplash, é dicir outra banda sonora cun pulso extraordinario. A música está presente en toda a cinta pero esta vez sen o artificio do musical como en La la land (2016). Esta última, por gusto persoal, resultábame bastante cansina.

Babylon é unha película escatolóxica, como suxire o seu título. Destapa a sucidade debaixo da alfombra vermella na meca do cine. Explora sen remordementos un universo feito de estrelas fugaces que intentan aferrarse unha á outra ata caer.

Te puede interesar