¡Buone visioni!

Hotel Royal

Despois da interesante longametraxe de debut, The assistant (2019), a cineasta australiana Kitty Green volve traballar coa actriz Julia Gardner neste novo filme que estreouse oficialmente a concurso no último Festival de San Sebastian e recibiu o premio ‘Otra Mirada’ de TVE.

Hotel Royal é un thriller rural cun orzamento non moi alto pero cunha vocación mainstream. A historia móvese arredor de dous amigas canadenses que viaxan por traballo ata un remoto paraxe do interior de Australia. Acaban servindo copas nun ex hotel e decadente taberna de mineiros. O edificio é un antro máis sucio e ruidoso do local de Abierto hasta el amanecer (1996) pero ca mesma vocación de El Bar Coyote (2000). Kitty Green reverte os canons da mirada masculina, tendo como referencias estas películas pero tamén a Perros de paja (1971) de Sam Peckinpah e sobre todo o documental Hotel Coolgardie (2016) de Pete Gleeson. Este último, dispoñible en Amazon Prime Video, fala sobre unha cidade illada no interior de Australia, con apenas mulleres, onde a chegada cada tres meses de novas camareiras para traballar no único bar da cidade, é o evento máis esperado polos homes do lugar.  

No filme de Green, a pesar da falta dunha verdadeira profundización psicolóxica dos personaxes – só hai un par de pinceladas sobre o pasado dunha das rapazas protagonistas – o guión está bastante ben resolto. A tensión, as risas e medo mestúranse con equilibrio, pero onde verdadeiramente o filme xoga as súas mellores cartas é na construción do suspense. Green sérvese sobre todo dos silencios, como xa fixo na súa anterior longametraxe e consegue recrear unha serie de escenas onde o espectador pode percibir a vulnerabilidade que están a vivir as protagonistas. Nada parece pasar realmente, a violencia non chega a ser física pero o medo está sempre presente. Nesta construción da tensión psicolóxica desde o punto de vista feminino está outro logro do filme: conseguir contar a violencia sobre a muller sen necesariamente recorrer a escenas de violencia explícita e crúa. Esta forma de contar é un elemento habitual, constante nas películas cunha mirada masculina, non só mainstream, que tratan sobre estes mesmos temas. Parece case de obrigación que para concienciar sobre a violencia á muller hai que servirse, por exemplo, de escenas de violacións descritas con minucia de detalles. Green demostra o contrario. Prefire centrarse nunha atmosfera asfixiante conseguida ademais a través do realismo dos espazos. O traballo de fotografía e o decorado recrean un ambiente verdadeiramente sucio e agobiante, regado con alcol, mentres a banda sonora firmada por Jed Palmer, sen ser invasiva, marca os compases da tensión. Os personaxes masculinos conforman unha fauna bastante inquietante, algún máis que outros, e ninguén chega a transmitir unha real confianza. 

Hotel Royal non é exento de defectos. Algún actor secundario non vai máis aló da caricatura, ademais deixa sen resolver distintas subtramas. Pero é unha película que sorprende. Nunca sabes realmente o que vai a pasar. E non deixa de ser unha película subversiva e feminista dentro dos canons tradicionais dos xéneros do terror e o thriller.

Te puede interesar