Estudiosos e seguidores debatiron e compartiron experiencias sobre o músico estadounidense

A localidade de Neda acolleu un congreso sobre Bob Dylan

Roberto Varela, Antonio García Teijeiro e Vicente Araguas.
Esta semana Neda, un concello de pouco máis de cinco mil habitantes, fondo da ría de Ferrol, organizou un congreso ao redor da figura de Bob Dylan.
Dylanitas, dylanófilos e dylanólogos espallaron toda a súa sabedoría sobre este heroe dun tempo revolto e aínda revirado, tan en cambio cal anunciara o poeta de Duluth (Minnesota, EE.UU).

Na sesión de clausura do congreso sobre o músico estadounidense estiveron os escritores Antonio García Teijeiro e Vicente Araguas, e o exconselleiro de Cultura, Roberto Varela. Este, novo embaixador de España no Uruguai demostrou no decurso da súa intervención as súas maneiras e paixón dylanianas.Tamén puxo de manigesto o porqué da súa adicción persoal a un mundo tan rolante como o dese himno ventureiro que se chama “Like a Rolling Stone”.

A música lá foi ao vento da localidade de Neda durante eses tres días de reunión. Co propio Bob Dylan, lástima fora, máis tamén co grupo de garaxe coñecido como “The Dylan Sessions” e o “busker” uruguaio Luis Enrique Culshaw.

VICENTE ARAGUAS, COLABORADOR DE LA REGIÓN
O xornalista Vicente Araguas colaborará dende esta semana no suplemento La Revista de La Región. Araguas ten un longo percorrido como columnista e crítico, na prensa galega e madrileña (onde se deu a coñecer en “Culturas” de Diario 16, Leer, El Urogallo ou Revista de Libros). Ten no seu haber premios como o Reimóndez Portela ou o Pedrón de Honra e unha ducia de libros publicados. Moi celebrado o seu Voces Ceibes sobre o grupo de canción de tendencia do que fora cofundador, polo que recibiu o prestixioso “Patrimonio Musical de Galicia”, en Moaña. Como columnista Araguas combina
lirismo con epicidade, e una posta ó día da actividade cultural desde presupostos radicalmente humanos. Araguas defínese como bailarín e viaxeiro.

Te puede interesar